Hoxe tivemos un día cargado de emocións e bágoas...por unha banda tivemos a entrega de premios do xa terceiro ano de álbum bilingüe e por outra a nosa primeira auxiliar,Stephanie, deixounos para voltar a Indiana...Pola cantidade de apertas,choros e agasallos cremos que unha americana sabe, dende hoxe, o que é sentir morriña e saudade. Nós imola votar en falta polo seu grande corazón e ela ao noso alumnado polo seu abraiante comportamento de hoxe e de todolos días...Grazas a todo o alumnado e a todo o claustro do noso cole pola súa acollida a nosa primeira auxiliar de conversa...
STEPHANIE WE WON'T FORGET YOU!!! STEPHANIE NON TE ESQUECEREMOS!!!
Bilingual album 2013 (Flowers) on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario