sábado, 28 de diciembre de 2013
jueves, 19 de diciembre de 2013
NADAL 2013
BO NADAL A TODOS!!! HOXE COMEZAMOS O NADAL NO COUCEIRO CUN FANTÁSTICO E ABRAIANTE FESTIVAL QUE MAÑÁ SE REPETIRÁ PARA TODAS AS FAMILIAS. AQUÍ TEDES O ADIANTO EN FORMA DE FOTOS...
miércoles, 30 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
SAMAÍN 2013
Hoxe tivemos os corredores cheos de calabazas moi orixinais, coloridas e terroríficas.Aquí tedes fotos que esperamos vos gusten...FELIZ SAMAÍN!!! DIVERTÍDEVOS!!!
lunes, 24 de junio de 2013
FESTIVAL E GRADUACIÓNS FIN DE CURSO
O venres 21 foi día de comezos e de despedidas...Comezou o verán e despedimos o alumnado de 6º de infantil e de 6º de primaria...O día estivo cheo de emocións... Aquí tedes os vídeos con algunhas delas.
martes, 11 de junio de 2013
BATUKADA "OS FENÓMENOS"
Onte o cole encheuse de ritmo coa visita da Batukada dos Fenómenos...todos os seguimos coas nosas maracas e bailamos con eles e as nosas familias...Aquí tedes o vídeo. MOITAS GRAZAS A "OS FENÓMENOS".
lunes, 10 de junio de 2013
jueves, 6 de junio de 2013
martes, 4 de junio de 2013
lunes, 3 de junio de 2013
viernes, 31 de mayo de 2013
ALBUM BILINGÜE 2013 E DESPEDIDA DE STEPHANIE
Hoxe tivemos un día cargado de emocións e bágoas...por unha banda tivemos a entrega de premios do xa terceiro ano de álbum bilingüe e por outra a nosa primeira auxiliar,Stephanie, deixounos para voltar a Indiana...Pola cantidade de apertas,choros e agasallos cremos que unha americana sabe, dende hoxe, o que é sentir morriña e saudade. Nós imola votar en falta polo seu grande corazón e ela ao noso alumnado polo seu abraiante comportamento de hoxe e de todolos días...Grazas a todo o alumnado e a todo o claustro do noso cole pola súa acollida a nosa primeira auxiliar de conversa...
STEPHANIE WE WON'T FORGET YOU!!! STEPHANIE NON TE ESQUECEREMOS!!!
Bilingual album 2013 (Flowers) on PhotoPeach
domingo, 19 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O pasado xoves día 16 celebramos no colexio o día das letras galegas deste ano 2013 que foi adicado a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa celebración o alumnado de sexto fixo un orixinal repaso da súa biografía. Como xa ven sendo habitual, tivemos a fase final do noso "V Certame de Poesía". O alumnado de quinto fixo unha gran interpretación do himno de Galicia coas frautas e todos xuntos bailamos a canción "Meu o mundo é". Para rematar a xornada bailamos a ritmo de gaitas e pandeiretas con "Os Fenómenos". Amosamos de seguido uns videos do noso Día das Letras Galegas...
jueves, 2 de mayo de 2013
MAIOS 2013
Celebramos estes días os maios no colexio, como xa ven sendo habitual na nosa vila. Preparamos os maios e as cantigas e este ano, coma novidade, foron invitados os pais-nais do alumnado para participar na súa elaboración...A celebración no cole tivo que ser nos corredores, po mor da choiva, pero onte na vila foi todo un éxito de participación dos nenos e quedamos primeiros en cantigas e cuartos en maios co maio realizado polos nen@s de terceiro ciclo. NORABOA!!!!
MAIOS 2013 on PhotoPeach
viernes, 26 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO
O pasado mércores celebrouse no colexio o Día do libro con tres representacións teatrais a cargo do alumnado de 4º,5ºB e 6ºA. Aproveitamos o día para celebrar tamén o día do teatro, que foi o pasado 25 de marzo. As obras representadas foron:
4º.-"A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella".
5ºB.-"O espantallo que non quería ser espantallo".
6ºA.-" Farsa e xustiza do comendador"
Aquí tedes os videos das representacións...
4º.-"A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella".
5ºB.-"O espantallo que non quería ser espantallo".
6ºA.-" Farsa e xustiza do comendador"
Aquí tedes os videos das representacións...
domingo, 21 de abril de 2013
"O QUEBRANOCES" DE TCHAIKOVSKY
O pasada venres visitou o noso colexio a asociación musical Musicreques coa obra "O Quebranoces" de Tchaikovsky. O alumnado de Infantil, e o eo 1º e 2º ciclo asistimos a unha obra musical combinada con títeres que nos trasladou a Rusia, Exipto e hasta China...Pasamos un rato moi entretidos...Aquí tedes unha mostra.
martes, 16 de abril de 2013
SILBO GOMERO CON ROGELIO BOTANZ
O pasado venres día 12 de abril visitou o noso colexio Rogelio Botanz, cantautor vasco afincado na illa da Gomera ,que nos aprendeu moitas cousas sobre o silbo gomero. Disfrutade dos videos que preparamos...
EUME OLIMPIADAS 2013
Durante a semana do 8 ao 12 de abril celebráronse no pavillón do colexio as Eume Olimpiadas do 2013 nas que participaron o alumnado de 3º,4º,5º e 6º, dos colexios do noso concello. Pasaron unhas xornadas moi divertidas e aquí tedes algunhas fotos desta semana tan deportiva...
EUME OLIMPIADAS 2013 on PhotoPeach
EUME OLIMPIADAS 2013 on PhotoPeach
jueves, 21 de febrero de 2013
jueves, 31 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)