lunes, 24 de junio de 2013

FESTIVAL E GRADUACIÓNS FIN DE CURSO

O venres 21 foi día de comezos e de despedidas...Comezou o verán e despedimos o alumnado de 6º de infantil e de 6º de primaria...O día estivo cheo de emocións... Aquí tedes os vídeos con algunhas delas.

martes, 11 de junio de 2013

BATUKADA "OS FENÓMENOS"

Onte o cole encheuse de ritmo coa visita da Batukada dos Fenómenos...todos os seguimos coas nosas maracas e bailamos con eles e as nosas familias...Aquí tedes o vídeo. MOITAS GRAZAS A "OS FENÓMENOS".

viernes, 31 de mayo de 2013

ALBUM BILINGÜE 2013 E DESPEDIDA DE STEPHANIE



Hoxe tivemos un día cargado de emocións e bágoas...por unha banda tivemos a entrega de premios do xa terceiro ano de álbum bilingüe e por outra a nosa primeira auxiliar,Stephanie, deixounos para voltar a Indiana...Pola cantidade de apertas,choros e agasallos cremos que unha americana sabe, dende hoxe, o que é sentir morriña e saudade. Nós imola votar en falta polo seu grande corazón e ela ao noso alumnado polo seu abraiante comportamento de hoxe e de todolos días...Grazas a todo o alumnado e a todo o claustro do noso cole pola súa acollida a nosa primeira auxiliar de conversa... 

STEPHANIE WE WON'T FORGET YOU!!!  STEPHANIE NON TE ESQUECEREMOS!!!
Bilingual album 2013 (Flowers) on PhotoPeach