domingo, 19 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O pasado xoves día 16 celebramos no colexio o día das letras galegas deste ano 2013 que  foi adicado a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa celebración o alumnado de sexto fixo un orixinal repaso da súa biografía. Como xa ven sendo habitual, tivemos a fase final do noso "V Certame de Poesía". O alumnado de quinto fixo unha gran interpretación do himno de Galicia coas frautas e todos xuntos bailamos a canción "Meu o mundo é". Para rematar a xornada bailamos a ritmo de gaitas e pandeiretas con "Os Fenómenos". Amosamos de seguido uns videos do noso Día das Letras Galegas...  



jueves, 2 de mayo de 2013

MAIOS 2013

Celebramos estes días os maios no colexio, como xa ven sendo habitual na nosa vila. Preparamos os maios e as cantigas e este ano, coma novidade, foron invitados os pais-nais do alumnado para participar na súa elaboración...A celebración no cole tivo que ser nos corredores, po mor da choiva, pero onte na vila foi todo un éxito de participación dos nenos e quedamos primeiros en cantigas e cuartos en maios co maio realizado polos nen@s de terceiro ciclo. NORABOA!!!! MAIOS 2013 on PhotoPeach

viernes, 26 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

O pasado mércores celebrouse no colexio o Día do libro con tres representacións teatrais  a cargo do alumnado de 4º,5ºB e 6ºA. Aproveitamos o día para celebrar tamén o día do teatro, que foi o pasado 25 de marzo. As obras representadas foron:
4º.-"A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella".
5ºB.-"O espantallo que non quería ser espantallo".
6ºA.-" Farsa e xustiza do comendador"

Aquí tedes os videos das representacións...

domingo, 21 de abril de 2013

"O QUEBRANOCES" DE TCHAIKOVSKY

O pasada venres visitou o noso colexio a asociación musical Musicreques coa obra "O Quebranoces" de Tchaikovsky. O alumnado de Infantil, e o eo 1º e 2º ciclo asistimos a unha obra musical combinada con títeres que nos trasladou a Rusia, Exipto e hasta China...Pasamos un rato moi entretidos...Aquí tedes unha mostra.


martes, 16 de abril de 2013

SILBO GOMERO CON ROGELIO BOTANZ

O pasado venres día 12 de abril visitou o noso colexio Rogelio Botanz, cantautor vasco afincado  na illa da Gomera ,que nos aprendeu moitas cousas sobre o silbo gomero. Disfrutade dos videos que preparamos...

EUME OLIMPIADAS 2013

Durante a semana do 8 ao 12 de abril celebráronse no pavillón do colexio as Eume Olimpiadas do 2013 nas que participaron o alumnado de 3º,4º,5º e 6º, dos colexios do noso concello. Pasaron unhas xornadas moi divertidas e aquí tedes algunhas fotos desta semana tan deportiva...

  EUME OLIMPIADAS 2013 on PhotoPeach